LETRAS DE MAGNESIO

 

A poesía e a fotografía teñen o mesmo itinerario e ás veces as mesmas postais na maleta. As vilas estanse a converter no grande escenario da terra, o labirinto perfecto para atopar o corazón perdido das cousas. É ben certo que até agora a vida na cidade era sinónimo de progreso, mais hoxe son moitas as urbes que se converteron en escenarios do desencanto. Así, dende a ilusión ou o medo, as ciudades resultan indefinibles. Do mesmo lugar hai unha visión diúrna e outra nocturna. Unha optimista e outra pesimista. Unha cara árida e outra amable. Un punto de encontro e moitos de desencontro. Desta idea xorde esta proposta, un traballo de escritores e escritoras sobre a súa vila ou cidade emocional que fai agromar a imaxe fotográfica.

As ciudades son topografías da memoria e o sentimento, e tanto a cidade como a fotografía están en continua evolución e definición, por iso estas palabras e imaxes non tratan de documentar as vilas senón de buscar unha nova linguaxe, de reinventar a visión das cidades.

A partir das palabras dos escritores e escritoras que naceron, viven ou senten as vilas, e dende a experiencia cultural e vital as fotografías son coma unha mergullo nos lugares. Neles a imaxe e a sombra chegan a fundirse coa cidade, para facer un exercicio de reflexión sobre os espazos de dentro-fóra, día-noite, observador-actor, tentando recrear o labirinto da cidade, onde fotografía e poesía nun camiño que transcorre en vías paralelas, buscan a súa propia expresión, a expresión da procura do noso imaxinario.

Anxo Cabada

Anxo Cabada